Nado en 2023 como unha iniciativa impulsada por un grupo de amigos galegos emigrados en Bruxelas, o festival sorprende polo seu espírito comunitario e pola súa capacidade de mobilización. De forma autoxestionada e sen ánimo de lucro, o festival busca ser parte dunha nova xeración de galegos e galegas que fan da súa presenza no exterior unha oportunidade para representar Galicia con orgullo e modernidade.

Karan, Gara, Mateo, María, Ángel, e David son un grupo de amigos que por unha ou outra razón marcharon de Galicia. Agora dende Bruxelas buscan crear unha plataforma estable de intercambio entre Galicia e a súa diáspora, e un trampolín para artistas que queiran proxectarse no ámbito europeo e internacional.

PATROCINADORES

A quinta edición do festival conta co apoio de institucións como a Xunta de Galicia, o proxecto europeo STORCITO, a Deputación de Pontevedra, o Instituto Cervantes, TurEspaña, a Embaixada de España en Bélgica e a Fundación Galicia Europa. Tamén a patrocinan marcas como Evolta, Deleite, AirEuropa, Liporca, e Aí Falaches. Ademais, renovaron o seu apoio os tres eurodeputados galegos Francisco Millán Mon, Nicolás González Casares e Ana Miranda Paz.